viernes, 20 de septiembre de 2013

A miña música preferida.


O Pop empezou no século XX en Inglaterra, na década dos 60.Este tipo de música é feita basicamente para ser comercializada.

Música Pop é aquela que, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal dun modo sinxelo, melódico, pegadizo, e que normalmente comprende todo tipo de público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e percusións lineais e repetidas.
O pop comenzo como un estilo contrario á musica culta e clasica. Co tempo, o pop foi gañando a súa acepción como estilo musical independente.

 
 O máximo representante deste estilo de música é Michael Jackson,naceu no 1958 en EEUU .
Este foi un músico,cantante e artista que revolucionou o mundo Pop. A súa carreira comezou cando tan só tiña sete anos, tras formar un grupo de grande éxito en compaña dous seus irmáns, The Jackson five.
Máis tarde convértese na superestrela de pop máis exitosa a nivel mundial.Aportou musica e tamén pasos de baile que xa forman parte de historia do Pop e dalgunhas culturas.Finalmente morreu no 2009 en Los Ángeles.