viernes, 7 de febrero de 2014

Impresoras 3D




Funcionamento das impresoras 3D:
 
O proceso de crear obxectos sólidos tridimensionais é máis sinxelo do que parece. Todo empeza cun concepto. Créase un "mapa" do obxecto a imprimir. O programa divide ao obxecto en seccións para que lle sexa máis doado á impresora dixerir a información.O proceso de impresión tridimensional consiste en ir creando un prototipo capa por capa e dende abaixo ata arriba. Para iso a máquina deposita unha capa de plástico en po, compáctase a zona que lle indica o ordenador e vólvese repetir o proceso colocando unha capa sobre outra ata que se completa a peza.

As máis famosas impresoras tridimensionais o que fan é tomar un arquivo. CAD en.STL, que é unha versión en monocromo(e dicir,dunha soa cor) , ou un.VRML (que é unha versión a cor). Os dous realízanse co proceso anteriormente explicado, no que se van compactando capa a capa.
Hai dous tipos de impresoras 3D, as de láser, por inxección e por depósitos de material fundido.
Impresisón por láser:Máis coñecido polo seu nome en inglés (selective laser sintering ou SLS), este método consiste na compactación do material co que se quere construír o obxecto -material que se encontrará pulverizado a unha temperatura próxima á fundición- a través da aplicación dun láser.
Impresión por inxección:Moi similar á tecnoloxía de impresión por láser, a súa diferenza con esta radica en que, en lugar de empregar un láser, o material -que estará nas mesmas condicións que na tecnoloxía por SLS, é dicir, en po e a unha temperatura próxima á fundición- compactarase mediante inxección dun aglomerante (tinta).Esta tecnoloxía permite imprimir en cor, xa que o aglomerante utilizado pode ter unha cor ou outro.
Impresión por deposición de material fundido:Este método consiste na expulsión por parte da máquina dun material fundido sobre un espazo plano.O material deberá ser expelido en fíos minúsculos para poder solidificarse nada máis caer á superficie.O expulsor irase movendo para que o mater
ial sólido vaia tomando a forma de cada capa.

<-impresora
    laser.
 
 impresora ->
    de tinta.






 
Video no que se observa a unha impresora 3D imprimindo unhalinterna led:





martes, 4 de febrero de 2014

MONITORES LED



 MONITORES LED:

  O monitor LED en vez de utilizar lámpadas fluorescentes de cátodos fríos (que conteñen mercurio -un material vital pero tóxico para os humanos e agresivo co ambiente) é amplamente usado en pantallas LCD convencionais.
A tecnoloxía LED, unha tecnoloxía que ofrece vantaxes sobre a tecnoloxía de iluminación convencional. Diminúen o consumo eléctrico deixándoo por debaixo do 50%.
Tamén achega vantaxes visuais con maior uniformidade do brillo e de intensidade, alcanza o seu punto máximo de brillo antes que outras pantallas. Aumento do contraste dinámico, manexo máis depurado da luz por zonas e procesamento da cor, con negros e brancos de maior intensidade, e grises profundos.Todo iso produce unhas imaxes máis vibrantes e fluídas.

Os monitores LED son ademais extrafinos(con espesores de ao redor de 20 mm) 

Isto fai que sexan máis lixeiros e ocupen aínda menos espazo.A pantalla non se actualiza senón que permanece quieta ata que o ordenador envíe sinal para un cambio de cor, polo que se coñece como estática, por esta característica é que se cansa menos a vista ao traballar. 
 Distancia aproximada á que debe ver o televisor.
  • Entre 2,50 m en HD (1,90 m en Full HD) para pantallas de 50" 
  • Entre 2,10 m en HD (1,60 m en Full HD) para pantallas de 42"
  • Entre 1,80 m en HD (1,40 m en Full HD) para pantallas de 37" 
Este tipo de monitores poden ter dous formatos de resolucións distintas( HD ou Full HD )
O sistema HD ofrece 1.280 pixeis por 1.080 liñas entrelazadas.
O sistema Full HD ofrece unha resolución de pantalla de 1.920 pixeis por 1.080 liñas progresivas, mostradas simultáneamente. En definitiva, unha imaxe de maior calidade.

En xeral son de maior calidade, gastan menos enerxía, axudan a coidar o medio e presentan mellor imaxe.


Páxina da información.